Friday 19 de April de 2024

Éxito de participación na I Ruta ciclista en familia de Neda


A bici conquistou terreo ao coche esta mañá en Neda. Ao redor dun cento de persoas de todas as idades participaron na primeira Ruta ciclista en familia de Neda. O tempo acompañou, e o pelotón, no que reinaba o bo ambiente, percorreu sen présa, pero sen pausa os máis de 7,5 quilómetros de vías públicas municipais previstos. O itinerario, con saída e meta no adro da Igrexa de Santa María, visitaba primeiro o interior do municipio para volver logo á zona costeira e percorrer o casco histórico. A iniciativa municipal, que contou coa colaboración do club Vara e pedal e Protección Civil, busca impulsar a práctica de actividade física na localidade, incorporando o deporte ás rutinas de todos os membros da familia.